lunes, 22 de julio de 2013

Salimos en la tele!!!! A partir del minuto 8.30

Na terra de... 
 
    “Na terra de...”, unha produción de Danga Danga para a Televisión de Galicia, quere achegarse a cada trazo da nosa identidade desde diferentes puntos de vista. 
    
     O sabor do polbo, o ritmo da muiñeira e as cores da pedra dos hórreos son algúns dos puntos de partida de viaxes guiadas polos homes e mulleres que fan das tradicións da nosa terra historias de vida que se escriben día a día, das que os espectadores da Televisión de Galicia serán partícipes en primeira persoa.       

    “Na terra de...” percorre o país descubrindo o que une os galegos e galegas, abraiándose de todo o traballo que vive detrás da tapa de polbo que comemos nunha feira ou do futuro que se agocha na arxila que moldean as mans expertas dun oleiro novo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario